Boiro recoñecerá aos seus deportistas na Gala do Deporte 2019

19 Decembro 2019

O Departamento de Deportes do Concello de Boiro atópase preparando unha Gala do Deporte na que se pretende render homenaxe a tódolos deportistas e clubs do municipio que destacaron no eido deportivo durante o 2019, así como facer entrega das becas que o Concello concede aos deportistas locais polos seus méritos.

A gala, que será conducida por José Triñanes, celebrarase o vindeiro 27 de decembro, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de Boiro. O obxectivo deste acto é reunir a deportistas, clubs e persoas vinculadas co deporte do concello nunha celebración conxunta para recordar e homenaxear os logros acadados durante o 2019.

As becas que o Concello de Boiro reparte cada ano premian os logros e méritos dos deportistas do municipio, entregándose un total de 25 bolsas que oscilan cunha dotación de entre os 300 e os 100 euros, pretendendo axudar e fomentar o deporte base. Ademais destas achegas, procederase á distinción de persoas e clubs que gañaron en campionatos ou competicións galegas e nacionais durante este ano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...