Barbanza contribúe con milleiros de topónimos á plataforma participativa Galicia Nomeada

23 Decembro 2019

A semana pasada presentouse unha nova web galega destinada a preservar, visualizar, reivindicar e compartir a riqueza galega en materia de nomes de lugar. Trátase de Galicia Nomeada, unha plataforma participativa que nace directamente dun caso singular e único a nivel europeo: non existe ningún outro país coma o noso que atesoure tantos e tan variados topónimos de terra e mar (talasonimia). Na presentación destacouse “o caso único galego”, tanto pola cantidade como pola antigüidade e a densidade de denominacións por km2.

O proxecto, que foi desenvolvido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) en colaboración coa Real Academia Galega (RAG), é unha ferramenta de gran utilidade para todas as galegas e os galegos. No caso de Barbanza, ten ademais o engadido extra de achegar unha serie moi relevante de topónimos: por exemplo os dos concellos de Porto do Son (con 4.555), Lousame (3.703) e Ribeira (1.112), que se atopan entre os municipios que máis nomes de lugar achegan a nivel galego, en boa medida polo seu importante tamaño, polo diseminado das súas poboacións en amplas franxas de territorio e, tamén, polo destacado traballo de transmisión de coñecemento levado a cabo polas xeracións máis veteranas. A un nivel máis concreto, son dignas de terse en conta as fundamentais contribucións de (no caso do concello ribeirense) Aguiño e Castiñeiras (con preto de 160 rexistros), Corrubedo e Olveira (con máis de 200) e Oleiros (con preto de medio milleiro). Tamén é salientábel a riqueza documentada do Rianxo e a súa contorna, dos preto de 400 de Taragoña e os outros tantos de Brión e Leiro.

Presentación do portal Galicia Nomeada

Portal e apliación

A plataforma Galicia Nomeada ten versión de escritorio e aplicación dispoñíbel para móbiles con Android e iOS. Entre outras funcionalidades interesantes, permite a colaboración da cidadanía na recolleita da nosa microtoponimia, o seu rexistro nunha base de datos, a súa xeorreferenciación e a difusión a través dun visor de topónimos desde o propio Portal de Toponimia de Galicia.

Como usala e como participar

A través dunha interface sinxela e intuitiva, permite introducir e localizar microtopónimos de forma individual, aos que se lle pode engadir unha imaxe, arquivos de son e vídeo (formatos MP3 e MP4) e textos explicativos, todo para favorecer, baixo supervisión dun equipo de especialistas do Seminario de Onomástica da RAG (que contrastará e verificará a súa existencia), achegas “de gran valor informativo ao xa rico patrimonio toponímico do país e referencia para os traballos da Administración pública, a investigación, o sector empresarial e a sociedade en xeral”, informaron a semana pasada a RAG, Vicepresidencia, Política Lingüística e máis AMTEGA, lembrando tamén que quen desexe colaborar no proxecto ten ao seu dispor un formulario de contacto online, onde, alén dos seus datos persoais, deberá indicar os motivos que o levan a participar no proxecto e os lugares, aldeas ou concellos nos que vai traballar.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.