As novas tecnoloxías posibilitan falar por videoconferencia con Papá Noel desde Ribeira

04 Decembro 2019

A programación informática de Nadal do Concello de Ribeira regresa por estas datas e, como novidade, este ano a Aula CeMIT brindará a posibilidade a 80 nenos e nenas ribeirenses pertencentes a dous centros educativos do municipio de falar por videoconferencia con Papá Noel, que os atenderá desde Laponia unha semana antes da súa visita na Noiteboa.

A actividade, que está promovida desde a Xunta de Galicia, terá lugar na mañá do 16 de decembro, agardando desde a Concellería de Innovación Tecnolóxica estendela a outros nenos e nenas e a outros colexios en futuras edicións.

Así o explicou a concelleira Ana Barreiro nun acto no que deu a coñecer tamén a organización dos dous cursos gratuítos que se celebrarán nas vacacións e que están orientados á rapazada do municipio no marco do Nadal Informático.

Concretamente, do 23 de decembro ao 3 de xaneiro, en horario de 10.00 a 11.30 horas, desenvolverase o curso Iníciate na informática, dirixido a cativos con idades comprendidas entre os 7 e 10 anos, onde aprenderán a navegar por Internet, facer debuxos ou animar fotografías, entre outros contidos.

Tamén do 23 de decembro ao 3 de xaneiro, pero desde as 12.00 ata as 13.30 horas, terá lugar un segundo curso denominado Retoca as túas fotos, esta vez destinado a alumnado de 11 a 14 anos.

En ambos casos, as inscricións pódense formalizar a partir do 16 de decembro na Aula CeMIT ou a través da web https://cemit.cunta.gal/es/centro/67.

Ao finalizar cada acción formativa entregase un diploma aos participantes e un pequeno agasallo sorpresa.

Outros artigos

Ribeira busca terreos para albergar o novo centro de saúde

O Concello de Ribeira buscará parcelas adecuadas no centro da cidade para a construción do novo centro de saúde. Estas parcelas deben estar ben situadas e con fácil acceso ao transporte público. Cando se sitúen, ofreceranse a Sanidade para a construción do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Villa de Pitanxo: quen minte aquí, señoría?”. Antón Luaces

“Villa de Pitanxo: quen minte aquí, señoría?”. Antón Luaces

Case que dous anos despois do naufraxio en Terranova do arrastreiro de Marín "Villa de Pitanxo", seguen as contradicións nas declaracións do patrón e un sobriño deste, as da casa armadora Nores, e un mariñeiro ghanés, tripulante do buque afundido a cuxas teses se...