As festas patronais de Santa Baia celébranse esta fin de semana en Boiro

04 Decembro 2019

Boiro celebrará entre o 6 e o 8 de decembro as festas patronais de Santa Baia, organizadas pola propia comisión de festas. O programa de festexos coincide cuns días de moita actividade cultural no concello ao dar inicio ás actividades de Nadal e o acendido de alumeado. Ao acto de presentación asistiron a concelleira de Cultura, María Outeiral; o membro da comisión de festas de Santa Baia, Eugenio Silva; e o belenista Carlos Nieto.

Estas festas patronais contan cun amplo programa de actividades que comezan o venres 6 coa verbena da orquestra Compostela, a partir das 20.30 horas. Na mañá do sábado 7, haberá pasarrúas a cargo da Banda Municipal de Boiro; mentres que a noite será amenizada pola orquestra Alkar. O domingo 8, pola mañá haberá un pasabares con grupos tradicionais e, ao mediodía, na praza do Concello, a III Festa dos Callos.

A edil María Outeiral aproveitou a ocasión para falar do programa complementario de actividades que por parte da Concellería van ter lugar na xornada do sábado 7 con motivo do acendido da iluminación de Nadal. Ademais, ás 17.00 horas está prevista a inauguración do Belén municipal, realizado polo maquetista Carlos Nieto, e que estará aberto ao público ata o 6 de xaneiro.

Despois dese acto, haberá actuacións itinerantes polas rúas con Brassica Rapa e, ás 18.00 horas, os membros da Asociación Amicos realizarán xogos inclusivos na rúa peonil para, ás 19.00 horas, proceder ao acendido simbólico do alumeado e dar por inaugurado o Nadal en Boiro.

Outros artigos

Abanqueiro celebra este sábado 20 de xuño o seu Serán Tradicional

Abanqueiro celebra este sábado 20 de xuño o Serán Tradicional da Asociación Cultural de Abanqueiro. Será a partir das 19.00 horas no Centro Social. Organizado pola dita asociación en colaboración co Concello de Boiro, incluirá no seu programa un interesante menú de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...