AMOR.FA inaugúrase na Pobra

03 Decembro 2019

A Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal será escenario o xoves 5, ás 20.00 horas, da inauguración da exposición AMOR.FA, de Antía Brey. Esta mostra de pintura e colaxe Art Brut -con influencias de Pollock, Jean Dubuffet e Rothko- atópase integrada por pezas realizadas mediante estímulos cromáticos ou cando a destrución se converte en forma de creación, constituíndo cores e xeometría.

Antía Brey formouse no Artisan Lounge de Miami, en Leith School of Art en Edimburgo, no Mart de Rovereto (Italia), no Keller da Tabacalera de Madrid e no Círculo de Bellas Artes.

Así mesmo, traballou no Museo do Prado e no Centro de Artes de Vanguardia La Neomudéjar, ademais de estar graduada en Traballo Social.

Outros artigos

O Concello da Pobra presenta o VII Ciclo Victoriano García Martí

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou na mañá deste 14 de abril o VII Ciclo Victoriano García Martí, unha iniciativa xa consolidada no calendario cultural do municipio que rende homenaxe a unha das figuras máis destacadas da súa historia. A programación,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.