Abre o mercadiño de Nadal en Ribeira

20 Decembro 2019

Adornos e plantas, doces, artesanía, xoias e libros integran os 16 postos do mercadiño de Nadal que abriu esta tarde na Porta do Sol en Ribeira. A iniciativa completase cun espazo dedicado ós máis pequenos e un obradoiro de grilandas para todos os públicos.

A particularidade deste mercado é que o contido dos expositores cambiará dentro dunha semana, para ofrecer así unha maior variedade de produtos ao público. A zona de vendas permanecerá aberta ata o 5 de xaneiro, aínda que non funcionará nin o día de Nadal nin o de Ano Novo. O horario será de 11.00 a 14.00 horas e entre as 16.00 e as 21.00 horas.

Polas mañas desde as 11.30 e ata as 13.30 haberá un espazo infantil, onde os nenos terán ocasión de sumarse a talleres de confección de adornos típicos destas datas. As pezas serán realizadas con materiais naturais e de reciclaxe. Con motivo da apertura esta tarde contarase cun taller de elaboración de grilandas do Nadal, ao que poderán sumarse veciños de todas as idades. O próximo día 28, ás 18.00, haberá unha sesión formativa a cargo da nutricionista Laura Rial tamén dirixida ao público en xeral. A ponente dará as claves para cociñar un menú saudable a noite de Fin de Ano.

Mercadiño nadal na Porta do Sol Ribeira 2019

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.