A Policía Local de Rianxo localiza e identifica ao causante dun accidente na AG-11

26 Decembro 2019
Facebook Policía Local de Rianxo

Na tarde do 24 de decembro, axentes da Policía Local de Rianxo procederon á localización e identificación do causante dun accidente con feridos na estrada AG-11. Os feitos sucederon ao redor das 18.30 horas cando o identificado colisionou por alcance con outro vehículo que circulaba en dirección a Padrón e, a continuación, ausentouse do lugar. A consecuencia do choque, o ocupante do outro vehículo resultou ferido e necesitou a asistencia de persoal do 061.

Unha vez establecido o correspondente dispositivo para dar co causante, a patrulla de servizo atopouno a quilómetro e medio do lugar do accidente. Ao parecer, o condutor trataba de ocultar o seu vehículo nunha pista forestal. Ademais, foi sometido á proba de alcoholemia, arroxando un resultado positivo.

Por todo isto, a Garda Civil de Tráfico instruíu dilixencias por delito contra a seguridade viaria e abandono do lugar do accidente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.