A nova edición do Circuíto Revolutrion Trail Series vén con importantes novidades

20 Decembro 2019

Onte @s runners montañeir@s foron protagonistas informativos en Barbanza. O motivo? A presentación en Porto Son da sexta convocatoria do Circuíto Revolutrion Trail Series, composto de cinco carreiras a desenvolver no primeiro semestre de 2020 noutros tantos percorridos pola nosa contorna: por Ribeira (o da Cidá, o 26 de xaneiro), pola Pobra (o de San Isidro, o 16 de febreiro), por Portosín e Porto do Son (o de Xtosín, o 15 de marzo), por Noia (o do monte San Lois, o 19 de abril) e pola serra do Barbanza (a andaina Barbanza42k, prevista para o 10 de maio).

Na presentación deste xoves 19 de decembro púxose o foco nos detalles de todas e cada unhas probas e no feito de que cada ano que pasa obteñan máis repercusión e participantes. A previsión este ano é superar os 1.600 corredores en total acadados na anterior edición. O programa deportivo, como lembraremos, vén da man da asociación Arousa Natureza e Ocio coa colaboración dos concellos de Ribeira, A Pobra, Porto do Son e Noia. Na páxina web do dito colectivo comarcal, www.arousa.com, temos toda a información que precisamos para preparar a nosa participación en calquera das ditas probas.

Segundo fixo saber a asociación, cada percorrido incluído ten “identidade propia, todos son diferentes entre si e con respecto aos das anteriores edicións”. Unha grandes novidades deste ano é a estrea do circuíto noiés, o Trail de San Lois, que “vén para deixar unha pegada profunda nos camiños de Noia”. Outra das novidades importantes radica na relevancia que Arousa Natureza lle quere dar ás mulleres, promovendo que todos os equipos (se desexan puntuar coma equipo e optar aos premios por carreira e do circuíto) incorporen presenza feminina nas súas fileiras. Esta aposta pola diversidade e a igualdade garantirase co feito de que as corredoras sexan as que rematen de sumar na puntuación final.

A axenda deportiva do Circuíto Revolutrion Trail Series comeza este mes de xaneiro, o 26, co Trail da Cidá. Trátase da cuarta edición deste percorrido en particular, un sub-circuíto espectacular con impresionantes vistas da contorna do Parque Natural de Corrubedo e que xa ten máis que consolidado o seu importante tirón entre corredores e corredoras de toda a xeografía galega. Este ano a organización renovou o trazado en máis dun 80% con respecto ao do ano pasado, incluíndo novas sendas, novos camiños, novas paraxes, e un treito do percorrido polo Parque Natural do Corrubedo e O Vilar. Terá unha distancia de 14 quilómetros e un desnivel de 629 metros. A hora de saída está prevista para as 11.00 horas, dende a praza do Concello de Ribeira. A cota por participar é de 10 euros. O período de inscricións está aberto até o 22 de xaneiro.

Outros artigos

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

O presidente que non o foi de España porque non quixo - a realidade foi que os votos a prol acadados nas eleccións xerais do país en cuestión non foron dabondo para que sí poidera selo e o segundo na listaxe de candidatos soubo gañarse a confianza da maioría...

+

Xoves 6, sol e suba da temperatura

Durante o xoves Galicia queda na influencia das altas presións con réxime de ventos do nordés. Con esta situación comezaremos a xornada con ceos parcialmente cubertos, con orballos no extremo norte e co avance do día as nubes iranse retirando en xeral, permanecendo as...

+

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.