A loita das mulleres de Nicaragua chega a Rianxo cunha mostra fotográfica

04 Decembro 2019

Seguindo o fío da reivindicación dos dereitos da muller e do compromiso pola igualdade, un fío de mobilización e protesta colectiva, o Auditorio de Rianxo vai acoller a partir do 9 de decembro unha destacada mostra fotográfica sobre a realidade de Nicaragua e a loita das mulleres no país, asoballadas pola perpetuación do patriarcado, os prexuízos, a violencia e a falta de oportunidades. A exposición Resistencia nicaraguana con rostro de muller estará visíbel até o 14, sábado, xornada na que se pechará coa realización de diferentes actividades.

Por exemplo unha visita guiada pola exposición, un obradoiro de máscaras de monimbó (cada participante vai poder deseñar a súa propia máscara de monimbó, elementos empregados en bailes folclóricos pero tamén para tapar os rostros nas protestas e evitar a identificación polas autoridades), e unha actuación musical a cargo do coro feminino Sisters in the House.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.