A Deputación da Coruña destina 3,1 millóns para apoiar a 406 empresas e autónomos a través do programa PEL-Emprende

06 Decembro 2019

 O programa PEL-Emprende da Deputación da Coruña destina este ano 3.100.000 euros para apoiar a 406 pequenas empresas e autónomos/as da provincia nos seus investimentos e actividades. 

A concesión das axudas vén publicarse no Boletín Oficial da Provincia e supón un importante apoio económico para que estas 406 empresas podan adquirir aplicacións informáticas, maquinaria ou equipos de procesamento de información necesarios para o crecemento e modernización dos seus negocios; así como crear tendas online, implementar plans de responsabilidade social empresarial, markéting e comunicación ou accións de expansión e exportación de produtos.

O presidente  da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, afirmou o que investimento nesta liña do PEL increméntase en 1 millón de euros con respecto ao ano pasado “debido ao elevado número de solicitudes recibidas” e destacou “a utilidade das axudas do PEL-Emprende para consolidar e modernizar o tecido empresarial da provincia, facéndoo máis competitivo e permitindo que proxectos emprendedores que empezan de xeito moi modesto, podan,  en poucos anos, chegar a consolidarse e incluso ser referencia no seu sector”.

As axudas subvencionan ata un 80% dos investimentos e actividades das empresas, con axudas que van dos 2.000 aos 20.000 euros. No caso da liña para investimentos, o 51% dos beneficiarios/as son autónomos, seguidos por un 46,5% de microempresas cun máximo de dez traballadores; mentres que no apartado de actividades un 57% son microempresas e un 33% empresarios individuais.

O 65% das empresas beneficiarias das axudas PEL-Emprende 2019 están dirixidas por mulleres e céntranse sobre todo no sector terciario. Arredor dun 90% das empresas beneficiarias enmárcanse neste sector no que destacan as actividades relacionadas co comercio, o turismo, servizos tecnolóxicos, de saúde ou de educación.

O 96% das empresas que reciben axudas do PEL-Emprende 2019 non foron beneficiarias da convocatoria anterior e preto do 15% son empresas creadas no último ano, polo que de novo a Deputación aposta por impulsar as iniciativas emprendedoras de recente creación, na liña doutras accións de apoio ao emprendemento coma a posta en marcha da Rede Provincial de Espazos de Coworking, que xa conta cunha sede no Pazo de Arenaza (Oleiros) e inaugurará a vindeira semana un novo centro en Brión. Outros municipios da provincia coma Boiro, Carballo e Ames traballan tamén na posta en marcha dos seus centros desta rede PEL para emprededores/as.

Na liña PEL-Emprende para actividades concédense un total de 39 axudas a empresas con sede no concello da Coruña, que supoñen un total de 161.303,65 € , seguida de Santiago de Compostela (16 empresas que recibirán un montante de 68.685,89 €), Ames (7 solicitudes concedidas), e Ferrol, Ribeira, Cambre e Teo con 4.  

En canto a distribución por comarcas, en PEL Emprende Investimento, a comarca coruñesa é a que máis subvencións recibe (662.968 €), seguida de Santiago (478.065 €), Ferrol (346.013 €), Betanzos (169.001 €), Ordes (159.222€) e Barbanza (142.946€).

Na liña de actividades, a comarca da Coruña é a que máis solicitudes concedidas ten, cun total de 56 empresas beneficiarias (44% do total) e un importe concedido de 230.225 €, seguida da comarca de Santiago con 30 empresas beneficiarias e una contía subvencionada de 122.534 €

Outros artigos

Máis de 30 persoas participan nas xornadas do Premio Emprende-Co Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou os días 1 e 9 de xuño dúas sesións informativas sobre o Premio Emprende-Co Pobra, unha iniciativa municipal de apoio ao emprendemento e á dinamización do comercio local impulsada pola área de Promoción Económica co respaldo da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...