A comunidade de AMBAR culmina o seu proxecto de Xardín Sensorial

31 Decembro 2019

A Asociación AMBAR, a histórica entidade de inclusión social con sedes en Ribeira e A Pobra, quixo rematar o ano mostrando a veciñanza o resultado dos traballos realizados polos membros da asociación no proxecto de Xardín Sensorial, unha iniciativa que promove o desenvolvemento cognitivo e psicomotriz das persoas con diversidades funcionais. Segundo informa AMBAR, os traballos despregados nas instalacións da asociación chegaron con esta recta final de ano ao seu remate.

A iniciativa implicou o acondicionamento primeiro dos terreos e logo a incorporación de todo tipo de elementos vexetais e minerais, todos eles artellados e dispostos de maneira artesanal e co obxectivo de ofrecer un ámbito de lecer creativo, enriquecedor e de propiedades terapéuticas.

O proxecto foi posíbel grazas a unha subvención de Política Social da Xunta, destinada á realización de programas de carácter social, cun cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Para quen non o saiba, un xardín sensorial é unha contorna deseñada para estimular os sentidos de quen lle dá forma e, tamén, de quen o visita. A estimulación prodúcese polo beneficio das plantas e o uso de elementos auditivos, visuais, táctiles, gustativos e olfactivos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.