A Asociación AMBAR presenta o seu calendario solidario na Pobra

03 Decembro 2019
Un dos carteis de edicións anteriores

O Elma da Pobra do Caramiñal será escenario o mércores 4, ás 12.00 horas, da presentación da VI Edición do Calendario Solidario de AMBAR. Unha iniciativa que promove a asociación desde o 2015, celebrando o cine con valores sociais.

O acto tomará a forma dunha pequena gala onde as persoas asistentes poderán ver en primicia tódolos carteis incluídos no calendario. Así mesmo, presentarase un vídeo de todo o proceso de traballo, desde a caracterización previa á realización das propias fotos. Finalmente, procederase á entrega duns galardóns simbólicos a tódalas persoas participantes.

O evento tamén contarán coa presencia de colaboradores coma Pichero Estudio Fotográfico, Academia Yara, representantes do Concello pobrense e pola directiva de AMBAR.

Coa participación de case 60 persoas, o calendario deste ano destaca porque tódolos filmes pertencen ao cine español. Dentro da variedade existente de calendarios solidarios no panorama nacional, o de AMBAR é o único que a través dun traballo minucioso de caracterización, vestiario e deseño, representa carteis de películas.

O calendario nos formatos de parede e sobremesa poñerase á venta o 5 de decembro, podendo reservarse a través do enderezo electrónico correo@asociacionambar.org ou do teléfono de contacto 981874480. Os fondos recadados irán destinados a financiar proxectos para promocionar o empoderamento e inclusión das persoas con diversidade funcional.

Esta actividade enmárcase nas propostas realizadas por AMBAR para o 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, e cuxa finalidade é fomentar o empoderamento das persoas con diversidade funcional e amosar unha visión positiva da mesma a través da expresión artística.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...