A Área de Cultura de Rianxo achega información sobre as axudas de O Teu Xacobeo

05 Decembro 2019

A Área de Cultura do Concello de Rianxo está a informar á cidadanía sobre unha importante partida de axudas a iniciativas culturais que se celebren o ano vindeiro, a partir do 1 de maio (e até o 30 de abril de 2021), ao abeiro do programa O Teu Xacebo da Axencia de Turismo de Galicia. Trátase do financiamento que achega a Xunta para proxectos que promovan e dinamicen Galicia e os concellos co gallo do Ano Xanto Xacobeo 2021.

Cultura de Rianxo lembra que unha das liñas das axudas (abertas até o 30 de decembro) irá destinada a entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro, subvencionando até un máximo do 90% dos orzamentos (até 20.000 euros) das súas iniciativas, que deberán promover e potenciar Galicia así como fortalecer a dimensión internacional do Camiño de Santiago e a propia Comunidade.

Estas iniciativas poderán ser as que citamos a continuación: exposicións, mostras, intervencións, exhibicións, concertos, feiras e festivais, publicacións, creacións audiovisuais, obradoiros, xornadas de formación, conferencias, charlas, encontros, foros, actividades deportivas dirixidas, torneos, mostras gastronómicas, catas e degustacións, actividades de formación e intercambio, e outras.

O prazo de presentación remata o vindeiro luns 30 de decembro. Quen queira máis información das bases e os procedementos a seguir pode recadar datos na ligazón específica habilitada. Amais, a Área de Cultura do Concello de Rianxo ponse a disposición da veciñanza que requira datos máis polo miúdo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.