A actividade do Mercadiño de Nadal de Ribeira dispárase co bo tempo

26 Decembro 2019

O Mercadiño de Nadal que acolle estes días a Porta do Sol de Ribeira está a ser un éxito de público, malia as inclemencias climáticas dos días pasados (o tren de temporais que hoxe deu finalmente un respiro e que todo apunta a que non volverá visitarnos en cuestións de días). De feito, na mañá soleada deste xoves 26 de decembro a feira comercial de artesanía e produtos creativos e ecolóxicos foi un punto de encontro de residentes e visitantes, que puideron coñecer de primeira man a completa oferta de produtos das diferentes casetas do mercadiño (adobíos, plantas, xoias, roupa, artesanía, libros, etc) e mesmo participar nas actividades para nenos e maiores que se organizan nel.

Sinalar que o que puido ver a veciñanza até hoxe mudará en cuestión de horas, xa que dentro da axenda do Mercadiño figura a previsión de mudar o contido dos expositores logo dunha semana da súa posta en marcha (o Mercadiño abriu as súas portas o pasado 20 de decembro). A zona de vendas ficará activa até o 5 de xaneiro, aínda que non o fará o día de Aninovo (como tampouco abriu onte, 25 de decembro). O horario é de 11.00 a 14.00 horas e entre as 16.00 e as 21.00 horas.

Por certo que este 28 de decembro ás 18.00 horas está prevista unha charla divulgativa a cargo da experta en alimentación Laura Rial, dirixida ao público en xeral, na que mostrará algunhas claves prácticas para garantir os menús máis saudábeis nestas festividades. Ademais, o programa de actividades tamén inclúe un espazo infantil con obradoiros e xogos (de 11.30 a 13.30 horas) e máis un taller de elaboración de grilandas do Nadal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.