A ABE recolle en Madrid o accésit nos Premios Nacionais de Comercio 2019

18 Decembro 2019

A Asociación Boirense de Empresarios recibiu hoxe un importante recoñecemento ao seu labor de impulso empresarial e competitivo do tecido produtivo local: o accésit dos Premios Nacionais de Comercio 2019. O galardón foi recollido en Madrid polo presidente da ABE, Daniel García, que acudiu acompañado do alcalde José Ramón Romero. O acto celebrouse na sede do Ministerio de Industria. Entregaron a distinción o presidente da Confederación Española de Comercio (CEC), Pedro Campo Iglesias, e a secretaria de Estado de Comercio, Xiana Margarida Méndez Bértolo.

Os Premios Nacionais de Comercio Interior enxalzan o labor dos concellos nas súa actividades de renovación urbana comercial e dos pequenos comercios no desenvolvemento comercial e modernización empresarial. Na actualidade contan tamén cunha categoría que premia os Centros Comerciais Abertos.

Segundo lembran a asociación de empresarios e mailo Concello, non se trata do único recoñecemento desta índole que recibe a entidade: no ano 2015, a ABE recibiu xa unha mención especial. Agora, coa nova distinción en menos de catro anos á asociación (que este ano quedou segunda, despois do Centro Histórico de Teruel), ponse o foco na importante traxectoria da entidade, que, segundo destacaron García e Romero, é unha das poucas a nivel estatal que foi quen de acadar dous premios nacionais.

O presidente, Daniel García, quixo agradecer ás xuntas directivas que axudaron a crear e consolidar a ABE e a todas as entidades e organismos públicos que lle prestan o seu apoio.

Pola súa parte, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, fixo fincapé “na importancia que o comercio ten para o Concello”, tanto para o seu desenvolvemento económico como social, e quixo felicitar á directiva do ABE e todos os seus socios polo traballo que realizan.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.