Xosé Luís Sánchez Ferraces presentará o seu novo libro en Boiro

13 Novembro 2019

O Centro Social de Boiro dará cabida o venres 15, ás 20.30 horas, á presentación do libro Baixo o signo da bipolaridade. A poesía de María Mariño Carou, de Xosé Luís Sánchez Ferraces.

Trátase dunha monografía a través da que entender á muller que se fixo poeta nas terras do Courel, onde, durante vinte anos, soportou as súas depresións, as cales se converteron en materia dos seus escritos.

O acto estará presentado por Xosé Deira Triñanes e contará coas intervencións do propio autor da publicación, Xosé Luís Sánchez Ferraces; do psiquiatra Fidel Vidal; de Arturo Ponte, da Editorial Galaxia; e do alcalde de Boiro, José Ramón Romero.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.