Comezou en Santiago o xuízo polo crime de Diana Quer. José Enrique Abuín, o único acusado declarou máis dunha hora ante o xurado popular que terá que decidir sobre a súa culpabilidade na morte de Diana Quer. Abuín, alcumado o Chicle, asegura que estaba roubando combustible na zona do Areal da Pobra do Caramiñal cando se topou con Diana Quer. Explica que foi a por ela ante o temor de que o vira e o denunciara. Afirma que durante o forcexo matou a rapaza e tratou de desfacerse do seu cadáver meténdoa no maleteiro do coche. Nega que abusara dela.
O avogado dos pais de Diana Quer agardan poder demostrar que neste caso si houbo un móbil sexual. Piden pra José Enrique Abuín a prisión permanente revisable. A Fiscalía tamén cre que o acusado cometeu delitos de asasinato, agresión sexual e detención ilegal.
A defensa de José Enrique Abuín sostén que o sucedido foi un homicidio imprudente. A avogada dirixiuse ó xurado popular que ten que decidir sobre este caso para asegurar que non existen probas obxectivas dos delictos que si ven Fiscalía e acusación particular. O presidente do tribunal admite como proba a sentenza que condenou ao único acusado neste caso, a José Enrique Abuín, polo intento de secuestro dunha moza en Boiro en 2017. Tamén acepta como proba a denuncia que interpuxo a ex cuñada do Chicle por abusos en 2005. A esta hora declara o pai de Diana Quer.
