Un cento de desempregados do Barbanza recibirán formación a través dos Programas Integrados de Emprego

15 Novembro 2019

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou da resolución dos Programas Integrados de Emprego (PIE) para Concellos na comarca do Barbanza. O PIE é unha iniciativa na que colaboran os concellos e a Xunta de Galicia co obxectivo de mellorar a formación das persoas desempregadas e darlle máis opcións para atopar un traballo a través de actuacións que buscan a especialización grazas á posibilidade de combinar orientación e asesoramento con formación e prácticas.

O representante do goberno autonómico anunciou que na área de influencia do Barbanza realizarase un PIE en Boiro. Segundo precisan, este programa permitirá formar a 100 desempregados dos cales, cando menos, un 35% lograrán inserirse no mercado laboral. Neste senso, o curso suporá un investimento na comarca de 250.000 euros.

No conxunto da provincia, a Xunta vai desenvolver, nesta nova convocatoria, un total de nove programas integrados cun investimento que supera os 1’9 millóns e chegarán a 900 desempregados. Así, coa participación de 22 concellos, a Xunta aposta por potenciar a colaboración para dar novas oportunidades laborais á cidadanía.

Ovidio Rodeiro apuntou que “unha das apostas máis importantes da Consellería de Economía, Emprego e Industria son os programas formativos que, cada vez máis, están orientados a cubrir as demandas reais das empresas das contornas o que permite unha posterior integración laboral máis alta.” Ademais, engadiu que “outra das apostas importantes é complementar a formación con prácticas en empresas para garantir unha inserción real e duradeira no tempo.”

Entre os programas máis importantes da Xunta que se desenvolven na contorna do Barbanza, destacan os 20 cursos do Plan Galego de Formación 2018-2019 (AFD), os cales contarán cun investimento de 830.000 euros, así como os 5 Obradoiros de Emprego que suman 1’2 millóns de euros. En total, agregando o  PIE, a Xunta de Galicia investirá en plans de formación da comarca do Barbanza máis de 2’2 millóns de euros.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...