Última hora: Un erro retrasa o veredicto da sentenza do xuizo de Diana Quer

29 Novembro 2019

Contradiccions e falta de fundamentación está detrás da devolución da sentenza por parte do xuíz da causa do proceso de Diana Quer. O tribunal considera que o veredicto debe ser máis fundamentado e devolve o mesmo o tribunal para que o fundamente. Todas as partes estiveron de acordo coa decisión do maxistrad.

Este veredicto debe determinar o grao de culpabilidade do único acusado, As deliberacións comezaron na tarde do martes, un día máis tarde do inicialmente fixado, unha vez finalizadas as conclusións de todas as partes. O xuíz entregou entón aos xurados o obxecto de veredicto sobre o que versaron as súas deliberacións, que concluíron na noite deste xoves.   

Entre outras cuestións, o veredicto debe analizar se durante as sesións do xuízo, un total de once, quedou probado que Enrique Abuín raptou na Pobra a Diana Quer mentres regresaba ao seu domicilio, levouna no seu coche até a nave abandonada de Asados e alí violouna e asasinouna antes de esconder o seu cadáver nun pozo, tese que defenden tanto a Fiscalía como a acusación particular.   

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.