Talía Teatro leva este venres a Ribeira a súa Vida de Cans

08 Novembro 2019

A nova edición da Mostra de Teatro de Ribeira depáranos hoxe unha nova experiencia sobre as táboas, co engadido extra de tratarse dun espectáculo, o deste venres 8 de novembro, concibido por unha das compañías galegas con meirande capacidade de produción e distribución e con máis experiencia nos escenarios (dende finais dos oitenta) dignificando o teatro e a cultura galega: Talía Teatro. Vida de cans, a obra que se representa hoxe (como as outras dez que integran este ano a Mostra do Teatro de Ribeira), comeza ás 21.30 horas no Auditorio Municipal.

Vida de cans é unha obra escrita e dirixida por Candido Pazó e cun elenco formado por Dani Trillo, Toño Casais e Artur Trillo. Segundo informan dende a compañía, o espectáculo recrea para os espectadores a vida de tres actores-cans, tres actores que fan de cans (ou viceversa) sen deixar de ser actores, recluídos nun recinto que lles preparou o seu amo e “demasiado ben tratados, ben atendidos, ben alimentados, ben acariñados… pero recluídos a fin de contas”. Ao longo da obra, irase metendo nas súas vidas, e na dos espectadores, o gume da incerteza sobre o que pode haber fóra do recinto no que viven: a desacougante (e apaixonante) liberdade, o mundo real.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.