Sobresemento de execución hipotecaria dunha familia de Ribeira

21 Novembro 2019

A Plataforma Stop Desahucios Barbanza acaba de dar a coñecer que dúas familias de Ribeira, tanto os titulares do préstamo hipotecario coma os avalistas, quedan nas súas vivendas ante o auto xudicial favorable do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 1 de Noia pola interposición dunha execución hipotecaria por parte do Banco de Caja España de Inversiones, Salamanca y Soria.

A familia estivo defendida pola avogada noiesa Eva Castro Blanco e interpúxose no seu momento o escrito de oposición á demanda do banco xunto co informe pericial do economista Julio César Calvo. Agora, o referido xulgado falla un auto a favor da familia, declarando a nulidade e o sobresemento da execución hipotecaria, coa imposición das costas xudiciais xeradas para a propia entidade financeira.

Por todo isto, a familia poderá continuar residindo na vivenda habitual, ademais de que os avalistas non perderán a vivenda posta como garantía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.