Seis anos de cárcere para o condutor interceptado na Coruña con tres quilos de cocaína

08 Novembro 2019

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou o recurso do condenado a seis anos de cárcere por trasladar en outubro de 2018 tres quilos de cocaína desde Ribeira ata A Coruña.

Ao acusado interceptouno a Garda Civil cando conducía un vehículo polo barrio de Feáns. Os axentes localizaron a droga oculta baixo unha carcasa e o cadro de mandos do coche. Segundo consta na sentenza, a cocaína comisada tería un prezo de venda de 307.498 euros.

O alto tribunal confirmou a resolución da Audiencia Provincial da Coruña ao rexeitar ter en conta, tal e como demandaba o condenado, as atenuantes de confesión tardía e moi cualificada de drogadicción.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.