Seguimos en alerta vermella na costa até mañá

14 Novembro 2019

A borrasca que entrou onte pola noite está a xerar o que se esperaba: frío, episodios fortes de chuvia, saraiba, ondas de máis de dez metros no mar, ventos de forza 9 con perigosos refachos e múltiples incidencias nunha manchea de concellos, con especial incidencia nos concellos litorais, aínda que tamén en concellos interiores. Segundo detalla neste intre a axencia autonómica AXEGA (Emerxencias de Galicia), segue en alerta vermella (até mañá, que pasaremos a nivel laranxa) todo o litoral galego. Mentres se escribía este artigo xa foran contabilizadas dende o CIAE máis de 700 incidencias por mor do temporal: dende caídas de árbores até accidentes de tráfico por mor dunhas condicións climáticas especialmente adversas.

Por provincias, a da Coruña foi a mais afectada con 441 incidentes rexistrados, a de Pontevedra con 190, seguida a de Lugo con 56 incidencias e por último a de Ourense con 30 incidentes rexistrados.

Cómpre sinalar que as tipoloxías que mais se repetiron foron a de caídas de árbores e polas nas estradas (399), as de prevención de risco (97), as de danos por meteoroloxía adversa (54) e por último 9 incidencias rexistradas por mor da neve. En ningunha das incidencias houbo que lamentar danos persoais.

Amais de todo o devandito, tamén houbo treboadas, lóstregos (máis de medio cento contabilizados) e unha manchea de caídas de luz en múltiples localidades, con especial incidencia na Coruña, en Santiago e no sur de Pontevedra.

A borrasca seguirá a afectarnos este venres, aínda que con menor incidencia. O sábado será un día de transición. Iso si, as temperaturas seguirán sendo frías.

Ventos de 110 quilómetros por hora

Hoxe, por mor do temporal, estanse a acadar ventos do noroeste que están a superar os 100 quilómetros por hora en case toda provincia de A Coruña, incluída a comarca do Barbanza e a contorna das Rías Baixas en Pontevedra. No resto da Comunidade os refachos de vento están a acadar os 90 Km/h (nivel amarelo).

Consellos

Por mor do temporal, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como “medida preventiva naquelas zonas máis perigosas”. Unha recomendación que é extensíbel á pesca deportiva e a outras actividades deportivas no mar. A Dirección Xeral tamén insta a extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera outro tipo de actividade no mar e que “se revisen os cabos e amarres das embarcacións”. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.