Ribeira adquire construcións dunha salgadura en Area Secada

07 Novembro 2019

A xunta de goberno local de Ribeira dou luz verde á adquisición dunha parcela de 821 metros cadrados de superficie en Area Secada. Na referida parcela, que se sitúa ao borde do deslinde marítimo-terrestre, xusto no punto de interconexión entre os paseos do Touro e A Ameixida, atópanse unhas construcións en estado ruinoso que estiveron destinadas no seu momento a faenas relacionadas co mar. O que se pretende coa adquisición da devandita parcela por parte do Concello é completar o desenvolvemento desta zona litoral de tránsito e esparcemento e restaurar e conservar esas construcións vinculadas coa industria da conservación do peixe entre mediados do século XIX e mediados do século XIX, coa fin de poñer en valor así a historia da salgadura no municipio. O importe da compra, da que unicamente falta a formalización ante notario, ascende a 67.929 euros sufragados co remanente de tesourería.

Area Secada Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...