Ribeira achega formación de balde sobre hixiene alimentaria e carretillas elevadoras

26 Novembro 2019

A Concellería de Promoción e Dinamización Económica do Concello de Ribeira que dirixe Ramón José Doval Sampedro vai organizar dous cursos formativos co obxectivo común de contribuír á empregabilidade da veciñanza. Os cursos son os seguintes: Hixiene alimentaria e manipulación de alimentos, por unha banda, e Operador/a de carretillas elevadoras, pola outra. As dúas actividades a prol do emprego impartiranse na aula de formación do Viveiro de Empresas de Ribeira, agás a verten máis práctica do curso de carretillas, que se vai celebrar noutras instalacións máis axeitadas.

Para o curso de carretilleiro/a é necesario ter como mínimo 18 anos. Hai 18 prazas dispoñíbeis para o curso de manipulación de alimentos e 10 para o de carretilleiro/a a selección realizarase por sorteo público no caso de que o número de solicitudes supere ao de prazas, tendo prioridade absoluta as persoas empadroadas no Concello de Ribeira. A inscrición realizarase os días 4 e 5 de decembro, preferentemente de 9 a 14 horas, no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Ribeira (Viveiro de Empresas). Xunto coa solicitude, deberán presentar copia do DNI/NIE e volante de empadroamento.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.