Rianxo mobilízase para gravar o seu audiovisual a prol da condución segura

14 Novembro 2019

Co fin de fomentar a sensibilización sobre as vantaxes de empregar o sentido común na estrada e de conducir amodo e respectar os regulamentos e as sinalizacións, a Policía Local de Rianxo e mailo Concello veñen de convocar novamente un casting de Nadal para a gravación dun vídeo spot que será difundido nas redes sociais e noutras canles durante as vindeiras celebracións do remate do ano.

Á realización do audiovisual están convocadas/os veciñas e veciños de todas as idades, poñendo o foco na importancia de traballaren en común para previr os accidentes de tráfico, especialmente frecuentes (por haber máis desprazamentos en todo tipo de estradas -moitos deles nocturnos-, polo mal tempo e por ser máis habitual ca nunca o consumo de alcol e outras drogas).

O casting será realizado o día 17 de novembro, no Cuartel Vello de Rianxo, en horario de 11.00 a 14.30 horas. A Policía Local fixo un chamamento á veciñanza a participar e implicarse na seguridade viaria rianxeira. No vídeo, que non é remunerado, poderán participar, como dixemos, persoas de todas as idades: de 9 a 90 anos. Para máis información sobre a actividade a Policía Local lembra que existe un correo electrónico no que podemos solicitar datos a maiores: merendacreativa@gmail.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...