Rianxo achega unha finde cultural ateigada de actividades

27 Novembro 2019

A derradeira fin de semana do mes de novembro virá cargada de actividades culturais en Rianxo: música, ciencia, investigación, pensamento, teatro e literatura a mans cheas. Segundo informa o Concello, o programa de actividades da finde comezará ás 19.30 horas do venres 29 na Casa dos Dieste, coa II Semana da Música Irmandiña, que incluirá unha Conversa arredor da historia do piano na Galiza con Margarita Viso Soto e José Luís do Pico Orjais, ademais dun concerto do grupo Barahunda sobre as cantigas de amor e de amigo. A Semana terá continuidade o día 5 de decembro, no Auditorio local ás 21.00 horas, co segundo Memorial Mireya Dieste, Unha viaxe pola música galega para piano, a cargo de Margarita Visto e Javier Ares.

A escritora Joelle Saliba

Volvendo ao 29 de novembro, lembrar que a partir das 20.00 horas a Biblioteca Municipal de Rianxo acollerá a conferencia Do fondo á fronte: como o espazo se converte nun personaxe a cargo de Joelle Saliba, unha das creadoras beneficiadas este ano cunha estadía da Residencia de Escritores de Axóuxere en Brión (Rianxo).

Ao mesmo tempo, na sala Arcos Moldes do Auditorio, estrearase a obra teatral Lambetadas a cargo de Talía Teatro. Trátase dun espectáculo para público familiar, de 6 a 11 anos.

O novelista rianxeiro Xosé Ricardo Losada

Xa ás 21.00 horas, tamén no Auditorio, será a quenda da presentación da novela A casa xunto ao volcán, do escritor rianxeiro Xosé Ricardo Losada.

Ao día seguinte, sábado, a partir das 10.00 horas, o Auditorio de Rianxo acubillará o obradoiro de investigación A maxia da ciencia! (2 sesións), para nenas e nenos de entre 9 e 16 anos. Trátase dunha actividade abeirada ao programa local de divulgación RianxoCiencia.

Un algo máis tarde, a partir das 11.00 (e pola tarde a partir das 17.00 horas), volveremos ter unha cita coa escritora e pensadora Joelle Saliba, novamente na Biblioteca de Rianxo, onde ofrecerá un obradoiro de literatura: Que é o que pasaría se…

Ás 20.30 horas do sábado, a sala Arcos Moldes do Auditorio acollerá o espectáculo Tradicción de Nova Galega de Danza.

O domingo, a Casa de Axóuxere en Brión (a Residencia de Escritores) será o escenario para a última parte do obradoiro de literatura de Joelle Saliba que comezou na xornada previa. Será entre as 11.00 e as 14.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...