Rexedores de Arousa Norte reuníronse cos directivos de Arriva polas queixas do funcionamento do servizo

11 Novembro 2019
Autobús da empresa Arriva

No mes de setembro, estudantes do Barbanza puxeron en marcha unha recollida de firmas a través da plataforma www.change.org, expoñendo as súas queixas polo funcionamento do servizo de transporte que comunica aos concellos de Arousa Norte entre si, así como coa capital galega.

Ante esta problemática, os alcaldes dos catro municipios de Arousa Norte, a través da mancomunidade de municipios, reuníronse cos directivos de Arriva, a empresa que fai a ruta desde a comarca do Barbanza ata Santiago de Compostela, co obxectivo de buscar solucións ás deficiencias.

A empresa manifesta que ten á disposición dos usuarios na súa páxina web os horarios de tódalas liñas que fan o traxecto e tamén unha aplicación móbil. Pola súa parte, o Concello de Boiro sinala que son conscientes de que non tódolos usuarios dispoñen de acceso a Internet, polo que se colocaron en tódalas paradas do termo municipal os horarios das liñas de autobús que a empresa facilitou aos concellos.

Así mesmo, procedeuse á dotación de horarios doutras liñas que operan no municipio coma, por exemplo, Boiro-Hospital do Barbanza ou as que van a Cespón, Escarabote e Cabo de Cruz. Ademais, esta información pode consultarse na páxina web www.boiro.gal e na Oficina de Turismo do Concello.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.