Pum, pum! congregou a máis de cen persoas no Auditorio de Ribeira

15 Novembro 2019
www.baobabteatro.com

O mal tempo na tarde de onte non foi un impedimento para que máis dunha centena de persoas asistisen ao Auditorio municipal de Ribeira para desfrutar da posta en escena de Pum, pum!, da man de Baobab Teatro. A peza presentou a Marieta, unha nena de 5 anos rodeada de portas que se abrían para contar historias, as cales tiñan música e cantaban cando a nena quería. Pero Marieta tiña unha porta que gardaba un segredo. Un segredo que nunca contara e que ninguén escoitara. Deste xeito, Pum, pum! narrou relatos cotiás que lles pasan aos cativos destas idades.

Este espectáculo teatral, dirixido ao público infantil e familiar coa finalidade de dinamizar o uso da lingua galega e a loita pola igualdade de xénero, estivo organizado pola ANPA do CEIP Plurilingüe de Palmeira grazas a unha subvención da Secretaría Xeral de Igualdade e o Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade. Así mesmo, contouse coa colaboración do Concello de Ribeira, o cal dispuxo do espazo municipal, técnicos e publicidade; ademais do citado centro escolar que cooperou coa cartelería e a difusión entre os proxenitores do alumnado do colexio.

A presidenta da ANPA do CEIP Plurilingüe de Palmeira, Paz González, manifestou a satisfacción da asociación pola resposta recibida por parte dos asistentes ao espectáculo, salientando a cifra acadada e a “cantidade moi homoxénea entre homes e mulleres.”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.