Prolóngase a duración da mostra Victoriano García Martí: unha punta de Europa

28 Novembro 2019

O pasado 11 de outubro inaugurábase a exposición Victoriano García Martí: unha punta de Europa, instalada na planta baixa do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, como parte fundamental do I Ciclo dedicado a profundar na vida e obra deste intelectual, destacándose nela o seu forte compromiso coa cultura e con Galicia. Agora, veciñanza e visitantes poderán desfrutar desta mostra durante máis tempo despois de que se decidise prorrogar a súa duración, concretamente ata o 4 de xaneiro de 2020. Así, amplíase a posibilidade de acceder á personalidade e as distintas facetas da produción literaria de García Martí (A Pobra do Caramiñal, 1881 – Madrid, 1966).

Comisariada polo investigadora Rosario Mascato Rey, a exposición reúne fotografías, publicacións e documentos persoais cuxa localización e selección foi o froito dunha estreita colaboración entre as dúas institucións culturais, especialmente a través do traballo realizado por Rosa Méndez García, bibliotecaria do Museo do Pobo Galego, e Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.