Pedro Brandariz recala en Boiro por partida dobre

21 Novembro 2019
Cedida

O cómico e narrador oral Pedro Brandariz estará presente o venres 22 en dúas localizacións de Boiro. A primeira das citas terá lugar, ás 19.00 horas, na Librería Espazo Lector Nobel con Non máis princesas, un espectáculo de narración oral dirixido a público familiar e protagonizado por personaxes femininas que escapan dos estereotipos e dos roles clásicos de xénero, labrándose un futuro prometedor e, sobre todo, decidindo libremente. Trátase dunha montaxe que ten como principal obxectivo a concienciación na igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas desde as idades máis temperás.

E a segunda das citas desenvolverase, ás 21.00 horas, na Casa da Cultura coa representación de Papar sen cancelas, da man de Culturactiva e compartindo escenario con Fran Rei e Isabel Risco.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.