Os socialistas de Ribeira solicitan resolver o estado da infraestrutura de protección nun parque de Aguiño

05 Novembro 2019
Cedida por PSdeG-PSOE de Ribeira

O grupo municipal do PSdeG-PSOE ribeirense levará a pleno un rogo relativo ao estado da baranda de protección do parque infantil de Aguiño situado na esquina da rúa Castelao coa rúa do Porto.

Os socialistas manifestan que o citado espazo “pasa a ser un dos máis frecuentados polos rapaces na hora de lecer, debido á súa boa ubicación e dotación de xogos”, pero que a estrutura metálica instalada na beirarrúa “presenta evidentes signos de oxidación” e que “esta falta de mantemento do mobiliario urbán, falta de pintado das zonas de desconchado, e con óxido, pode provocar cortes e feridas nos rapaces, con risco de posibles infeccións.”

Tamén engaden que o valado de madeira na rúa Nordés “amosa a falta de barnizado.”

Por todo isto, a formación solicita que se comuniquen as “eivas na infraestrutura” ao departamento de obras do Concello, para que se proceda ao pintado das mesmas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.