Os socialistas de Ribeira formularán preguntas en pleno sobre o estado de varias estruturas

25 Novembro 2019

O grupo municipal do PSdeG-PSOE ribeirense levará a pleno dúas cuestións sobre a situación de varias estruturas no concello.

Segundo sosteñen os socialistas, os postes da pérgola da praza do Concello necesitan unha “actuación urxente, ou doutra maneira irremediablemente romperase.” Neste senso, manifestan que, debido á estanquidade da peza metálica na base, “a auga enchoupa a madeira e podrece, habería que deixar un espazo, uns buracos na base metálica para que a auga saíra, e a madeira puidera secarse, e así non podrecer.”

Engaden que se produce unha situación semellante en varios postes de madeira do alumeado público no lugar da Perdigoteira, na parroquia de Artes.

Por todo isto, farán as seguintes preguntas: “1. Sr. Alcalde, porqué non se fai un labor de mantemento axeitado, para que estas estruturas sigan cumprindo a súa misión? 2. No caso contrario calquera día teremos que lamentar algún incidente inadecuado.”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.