
Unha serie de cuestións sobre a ausencia de elementos de peche nos accesos ao terceiro andar do mercado municipal serán presentadas no pleno de Ribeira por parte do grupo municipal do PSdeG-PSOE.
Segundo os socialistas, a terceira planta, onde se sitúa o restaurante-cafetería A Terraza do Mercado, a diferencia das inferiores “quedou aberta e sen protección algunha, o que provoca visitas inesperadas en determinado horario de peche da actividade comercial.” Engaden que as obras de acondicionamento no segundo andar do citado edificio municipal “están a causar problemas acústicos e respiratorios nos usuarios” do establecemento hostaleiro.
Por todo o exposto, o grupo municipal fará as seguintes preguntas: “1. Sr. Alcalde, cal é motivo de que non se colocasen as persianas na 3ª planta, e si no resto das plantas do mercado municipal? 2.Ten previsto dotar a dita planta 3ª destes elementos de peche nos accesos, ou correspóndelle ao titular da concesión? 3.Ten previsto dotar ao patio central, dun elemento de protección accesorio?”