Os debuxos de Elena García e Paula Queiruga ilustrarán o Nadal ribeirense

28 Novembro 2019

Elena García Argibay, estudante de nove anos do centro de Amicos, resultou a gañadora do Cuarto Concurso de Pintura Escolar de Nadal e a súa obra servirá para ilustrar a cartelería impulsada polo Concello de Ribeira. Como novidade, haberá unha segunda creación seleccionada: trátase dun traballo de Paula Queiruga García, alumna de once anos do colexio Galaxia, que servirá para decorar a postal municipal.

Así o decidiu o xurado do certame tras escoller estas dúas obras -a primeira como gañadora, a segunda como accésit- de entre as 446 creacións procedentes de nove centros educativos que se presentaron ao concurso. Cómpre lembrar que o xurado estivo integrado por Eugenia Gómez Vidal, Pilar Ageitos Fuentes, Fernando Yáñez González, Paco Casal Castro, persoas de recoñecida traxectoria no mundo da arte, e Juana Brión Santamaría, concelleira de Educación, actuando como secretaria Alicia Padín.

Ambas ilustracións foron presentadas esta mañá na Casa do Concello pola concelleira de Cultura, María Sampedro, e a súa homóloga da área de Educación, Juana Brión. A gañadora Elena García non puido acudir ao evento, polo que asistiu Pilar Sampedro en representación de Amicos. Pola súa parte, Paula Queiruga estivo acompañada de boa parte dos seus compañeiros e compañeiras de clase e da súa familia.

Paula quixo dar as grazas aos seus amigos, pais, a súa irmán pequena e ao seu profesor por animala a facer o debuxo; mentres que Pilar Sampedro destacou que “con apoio todo o mundo pode ser artista.”

A edil María Sampedro aproveitou este acto para anunciar que o venres 29, ás 19.30 horas, coincidindo coa celebración do Black Friday e por expreso desexo da Asociación de Empresarios de Ribeira, acenderase o alumeado de Nadal do centro da cidade. Segundo a programación, comezarase por acender en primeiro lugar a praza do Concello para, seguidamente, acudir ata o Malecón para iluminar o Belén municipal alí enclavado, así como outros novidosos elementos, entre eles, unha bola con microbombillas de doce metros de altura. O evento rematará cunha chocolatada no propio Malecón. En caso de chuvia, o itinerario será ao revés: comezando ás 19.30 horas no Malecón e, a continuación, asistir á praza do Concello, onde a chocolatada terá lugar baixo os soportais do Consistorio.

Por outra banda, fóra do centro urbano, o acendido de Nadal terá lugar o 5 de decembro. Cómpre destacar que entre os máis de 400 elementos de que constará este ano o alumeado figuran algúns tan novidosos como dous ‘gobos’ (proxeccións luminosas) nas fachadas do mercado municipal e a sala museo municipal de Ribeira, tres árbores de Nadal de 18, 10 e 15 metros de altura ou a referida bola de 12 metros.

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.