Os colexios electorais habilitáronse para o voto de persoas con discapacidade intelectual

11 Novembro 2019
Cedida por Asociación Amicos

Despois dos comicios xerais celebrados na xornada de onte, a Asociación Amicos atópase cotexando o desenvolvemento do proxecto de adaptación cognitiva dos 94 colexios e 137 mesas do partido xudicial de Noia, mediante o cal se posibilitaba que puidesen exercer o seu dereito a voto ao redor de 7.000 persoas con discapacidade intelectual censadas nesta área. A responsable do Centro de Atención Integral Amicos, Pilar Sampedro, afirmou que, aínda que se atopan facendo o restante das comprobacións necesarias sobre o proceso de adaptación, nalgúns dos concellos chegouse ao 100%. Así, sostén que, á espera do resto de datos, de non acadar a totalidade, estará en torno ao 90%.

O proxecto incluía a colocación na entrada dos colexios electorais de pictogramas informativos que indicarían as distintas mesas electorais e marcarían a actividade nas cabinas de votación, a mesa de papeletas e as propias mesas onde se votaba. Deste xeito, aportarían información sobre os horarios, a secuencia para garantir o voto secreto, a selección e introdución das papeletas nas urnas e a secuencia explicativa para exercer o voto en urna, ademais da indicación das urnas do Congreso e Senado.

Nunha visita realizada a semana pasada ao Centro de Atención Integral Amicos por parte da subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, e a vicesecretaria da Delegación do Goberno de Galicia, Eva Vázquez, insistiuse na necesidade de continuar traballando para acadar a igualdade que establece a lei, de tal forma que tanto a Subdelegación do Goberno na Coruña coma a propia Delegación do Goberno aceptaron o reto de seguir participando activamente no proxecto posto en marcha pola Asociación Amicos, confiando en que nas próximas eleccións sexan xa o Ministerio de Interior e o Ministerio de Política Territorial os que poidan regular este proceso.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.