Os candidatos ao Senado do PP e PSOE, os máis votados en Arousa Norte

11 Novembro 2019

Os resultados electorais deste 10 de novembro tamén variaron a composición do Senado respecto aos comicios celebrados o pasado 28 de abril, a pesar de que os cambios non son tan notables como sucede no Congreso. Así, dos 208 senadores a elixir, 92 correspóndenlle ao PSOE; 84 ao PP; 11 a ERC-Sobiranistes; 9 a EAJ-PNV; 3 a NA+; 3 a JxCat-Junts; 2 a Teruel Existe; 2 a Vox; 1 a ASG; e 1 a EH Bildu. En total, 24.190.917 votos contabilizados (69’55%), dos cales 559.823 foron nulos e 449.166 en branco. As abstencións situáronse en 10.589.496 (30’45%).

No que respecta aos municipios de Arousa Norte, constátase que os candidatos máis votados foron os do PP e PSOE. Nos catro concellos, os seis primeiros postos están ocupados polos representantes destas dúas formacións, aínda que en distinta orde. En canto a Boiro e Rianxo, a continuación aparecen BNG e Podemos-EU, mentres que na Pobra do Caramiñal esta posición prodúcese á inversa. Por outra banda, en Ribeira a lista continúa con BNG, Vox e Podemos-EU.

Ribeira

O total de votos contabilizados foron 12.739 (58’64%), dos cales 453 foron nulos e 378 en branco. Por outra banda, as abstencións situáronse en 8.986 (41’36%). Os candidatos do PP, Miguel Lorenzo Torres, Juan Manuel Juncal Rodríguez e Verónica María Casal Míguez foron os que obtiveron maior número de votos con 4.474, 4.287 e 4.139, respectivamente.

A Pobra do Caramiñal

Os votos contabilizados foron 5.258 (66,27%), dos cales 126 foron nulos e 120 en branco. Así, as abstencións situáronse en 2.676 (33’73%). Os socialistas Antonio Vázquez Lorenzo e Obdulia Taboadela Álvarez foron os que conseguiron máis votos con 1.577 e 1.509, respectivamente; seguidos do popular Miguel Lorenzo Torres, con 1.486.

Boiro

Os votos contabilizados foron 9.872 (63’69%), dos cales 354 foron nulos e 240 en branco. Ademais, as abstencións situáronse en 5.629 (36’31%). Os populares Miguel Lorenzo Torres, Juan Manuel Juncal Rodríguez e Verónica María Casal Míguez foron os que máis votos acadaron con 2.928, 2.781 e 2.740, respectivamente.

Rianxo

Os votos contabilizados foron 6.198 (65’70%), dos cales 214 foron nulos e 156 en branco; mentres que houbo 3.236 abstencións (34’30%). Antonio Vázquez Lorenzo, do PSOE, obtivo 1.725 votos; seguido do popular Miguel Lorenzo Torres, con 1.684; e da socialista Obdulia Taboadela Álvarez, con 1.662.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...