O XXX Campionato de Galicia de Marcha en Pista chega á Pobra

20 Novembro 2019

O Concello da Pobra do Caramiñal e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, co control técnico do Comité Galego de Xuíces da FGA, organizarán un control federado de marcas o sábado 23 paralelamente á celebración do XXX Campionato de Galicia de Marcha en Pista no estadio de A Alta. Así o deron a coñecer esta mañá a concelleira de Deportes, Genoveva Hermo; a presidente da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, José Moure; e o responsable técnico da Federación Galega de Atletismo, Carlos Morales.

A edil manifestou que agardan que sexa “un acontecemento deportivo do interese da xente en xeral e un acontecemento de primeira orde, posto que é o Campionato de Galicia.”

Na súa intervención, Carlos Morales precisou que haberá ao redor de 120 participantes, desde as categorías Sub 10 a Máster. Tamén anunciou que participarán os dous favoritos, Antía e Daniel Chamosa Dacasa, tendo rivais como a Iván Morales ou Iria Rivas, entre outros. Outra das participantes será a atleta local Celia Carracedo, concretamente na modalidade Sub 20. Así mesmo, puntualizou que, nos últimos cinco anos, A Pobra acolle o segundo Campionato de Galicia de Marcha en Pista, ademais de realizarse tres Campionatos de Galicia de Marcha en Ruta.

Pola súa parte, José Moure detallou os horarios e sinalou que se procederá á entrega de medallas ao redor das 13.45 horas.

O programa de probas é o que segue: ás 11.00 horas terá lugar o salto de lonxitude Sub 10, Sub 12 e Sub 14 feminino (Foso 1); ás 11.05 horas será a ocasión do salto de lonxitude Sub 10, Sub 12 e Sub 14 masculino (Foso 2); e ás 12.30 horas desenvolverase o salto triplo Sub 14 e Sub 16 mixto.

O horario e distancias do Campionato é: ás 10.45 horas os 1.000 metros de Sub 10 homes e mulleres; ás 10.55 horas os 2.000 metros de Sub 12 mulleres; ás 11.15 horas os 2.000 metros de Sub 12 homes; ás 11.35 horas os 2.000 metros de Sub 14 mulleres; ás 11.55 horas os 2.000 metros de Sub 14 homes; ás 12.15 horas os 3.000 metros de Sub 16 mulleres; ás 12.40 horas os 5.000 metros de Sub 16, Sub 18, Sub 20, Sub 23, Sénior e Máster homes; e ás 13.15 horas os 5.000 metros de Sub 18, Sub 20, Sub 23, Sénior e Máster mulleres.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.