O Sergas destina 45 desfibriladores e 5 ecógrafos a centros da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

04 Novembro 2019

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) vén de adxudicar á empresa Comercial Hospitalaria Grupo-3, S.L., a contratación da subministración de 261 desfibriladores destinados aos centros de saúde da rede sanitaria pública, por un importe total de 1.051.275 euros. No que respecta aos 27 ecógrafos, estes adxudicáronse á firma Celta Ingenieros, S.L, cun importe total de 343.035 euros.

A adquisición deste novo equipamento electromédico é un dos compromisos adquiridos polo departamento sanitario autonómico no Plan Galego de Atención Primaria, como unha das medidas a curto prazo.

Esta contratación responde á necesidade de dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación no ámbito da atención primaria do Sergas, mediante a renovación do material  electromédico obsoleto, así como a dotación do equipamento necesario de acordo coa carteira de servizos do centro.

Dos 261 desfibriladores, 44 unidades irán destinadas a centros de saúde da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés; 18 a centros de atención primaria da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 50 a centros de saúde da área sanitaria de Vigo; 45 a centros de saúde pertencentes á área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza; 80 a centros de atención primaria da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 16 aos da área sanitaria de Ferrol e 8 a centros de saúde da área sanitaria da Coruña e Cee.

Os novos desfibriladores que se subministrarán aos centros de saúde do Sergas contan con especificacións técnicas que marcan un nivel de equipo adecuado para un centro de atención primaria, coma son a alta enerxía entregadas polas pas para a desfibrilación, a adquisición de ECG (electrocardiograma) a través de pas e de cable de paciente permitindo a súa monitoraxe, o rexistro e o almacenamento dos sucesos (en modo manual e semiautomático), así como a incorporación de pas externas reutilizables en pacientes adultos e pediátricos.

No referido aos 27 ecógrafos, 3 están destinados a centros de saúde da área sanitaria da Coruña e Cee; 1 para a de Ferrol, 3 para a área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 5 para á área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza; 3 para a de Vigo; 7 para a de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; e 5 para a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Outros artigos

Boiro será a primeira parada da xira “Meu Ceu” de Eris MacKenzie

Chega unha etapa para Eris MacKenzie. O artista natural da Coruña levará a súa terra natal o primeiro dos seus concertos da xira Meu Ceu. A proposta que fusiona a música electrónica, os sons tradicionais galegos e certos matices da música comercial, chegará este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

A cidadanía cada vez é máis consciente de que os dereitos pódense perder se non se loita por eles. Así o poñen de manifesto cada día, moitos veciños, con anterioridade xa o fixeron na parroquia de Corrubedo, logo na parroquia de Palmeira e agora nas parroquias veciñas...

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...