O PP de Galicia insiste na unión do voto para vencer ao PSOE

04 Novembro 2019
Cedida

Con motivo das eleccións xerais do 10 de novembro, ás 00.00 horas do venres 1 arrancou a campaña electoral. Así, integrantes do Partido Popular de Ribeira reuníronse na medianoite do venres nos soportais da praza do Concello para proceder á pegada de carteis coa imaxe de Pablo Casado como candidato á presidencia do Goberno central.

Cedida

Por outra banda, o polideportivo ribeirense de A Fieiteira acolleu na tarde do sábado o mitin central da campaña. O acto contou coas intervencións do presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o presidente provincial, Diego Calvo; o rexedor de Ribeira, Manuel Ruiz; e a tenente de alcalde do municipio e candidata ao Congreso pola provincia de A Coruña, María Sampedro.

Núñez Feijóo pediu unir o voto no Partido Popular ante un PSOE que “xa non convence e só lle queda dividir para vencer.” O líder dos populares galegos manifestou que “cada voto sen escano a VOX e Ciudadanos son máis escanos para un Goberno do PSOE con populistas e nacionalistas.” Neste senso, subliñou que “no Partido Popular caben todos os que queren máis compromiso con Galicia, respecto á Constitución e á convivencia, recuperar a estabilidade e xestión e un Goberno que goberne.”

Ademais, destacou o investimento da Xunta para o vindeiro ano en educación, sanidade servizos públicos, dependencia, conciliación e, tamén, para afrontar o desequilibrio territorial e o reto demográfico. Así mesmo, fixo fincapé en que, a partir do 2020, tódalas familias galegas terán a escola infantil gratuíta para o seu segundo fillo e os sucesivos. Segundo Feijóo, “uns falan, outros facemos.”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.