O PBBI require a tala dunha árbore no río Listres ante “o perigo real que supón”

21 Novembro 2019
Cedida por PBBI

O grupo municipal do PBBI levará a pleno a solicitude relativa á tala dunha árbore nunha zona do río Listres, na parroquia ribeirense de Aguiño.

A formación manifesta que dita árbore consta “cunha inclinación considerable e bastante danada na parte inferior do tronco con perigo de caída” podendo afectar a calquera propiedade ou veciñanza en fincas limítrofes.

O voceiro da formación, Vicente Mariño de Bricio, afirma que ten constancia da presentación de varios escritos ao Concello informando da situación, “lembrando tamén que xa no ano 2017 algún veciño sufriu algún dano na súa propiedade.” Engade que “o Concello nin respondeu nin efectuou ningunha actuación.”

Por todo isto, o partido require a tala da referida árbore “coa maior celeridade posible”, así como a revisión da canle, incluída a súa limpeza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...