O PBBI levará ao pleno a revisión das intervencións sobre a terraza do mercado municipal de Ribeira

18 Novembro 2019

O grupo municipal do PBBI presenta ao pleno de Ribeira unha moción sobre a comprobación das actuacións desenvolvidas no mercado municipal para corroborar se as da terraza vulneran o contrato coa empresa titular da concesión.

Segundo expón a formación, tiveron coñecemento de que na terraza do citado inmoble municipal ribeirense se instalaron unhas chemineas para dar servizo á Escola de Hostalería situada no segundo andar. O partido liderado por Vicente Mariño de Bricio sostén que a empresa Carballosa Cafetería S.L., titular dunha concesión do local emprazado na terceira planta e terraza do citado edificio por un prazo de 30 anos desde o 1 de xaneiro de 2018, manifesta que non se respectou por parte do Concello o “uso privativo do dominio concedido” e sinala que se interveu “sen razóns xustificadas de interese público ou de seguridade”, e que, en calquera caso, houbese requirido “ao menos unha previa comunicación ao concesionario.”

Así mesmo, o PBBI indica que se lles trasladou que non se pediu permiso para entrar na concesión da citada empresa, e que “se variaron as características do espazo concedido e reducido o seu tamaño.” Tamén apunta á instalación dun elemento “que afecta á seguridade no espazo reservado ao concesionario, sen prever por parte do Concello intervención algunha para dotar ao espazo da seguridade requirida.”

Por todo isto, o PBBI solicita que o pleno acorde instar ao Concello de Ribeira a revisar as actuacións da propia corporación coma concedente dos locais do mercado municipal, co fin de comprobar se as mesmas, “especialmente as levadas a cabo en relación coa instalación das chemineas na terraza”, vulneran algunha disposición legal ou obrigación derivada do contrato concesional subscrito con Carballosa Cafetería, S.L.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.