O Nadal ribeirense presenta numerosas novidades

29 Novembro 2019

Ribeira disponse a festexar o Nadal a partir desta noite co acendido do alumeado, ofertándose unha ampla programación formada por medio cento de actividades que se desenvolverán tanto na cidade coma nas parroquias. Así o deron a coñecer esta mañá a concelleira de Cultura, María Sampedro; e o seu homólogo da área de Comercio e Turismo, Ramón Doval.

Entre as novidades destacáronse o emprazamento na praza da Porta do Sol dun mercado de Nadal entre o 20 de decembro e o 5 de xaneiro, no que haberá 16 postos de produtos desta época coma xoguetes artesáns, turróns e doce, roupa e adornos, intercambiándose cun mercado similar situado en Vilagarcía e posibilitando que cada semana os postos sexan distintos. A este respecto, se algún comercio local está interesado pode solicitar ocupar algún destes postos poñéndose en contacto coa Concellería de Comercio e Turismo ata o 11 de decembro.

Outra das novidades consiste na instalación de ambientación musical polas rúas con catro temáticas que se irán alternando nas diversas zonas (panxoliñas, música actual, jazz/blues e música da década dos 80) coa fin de axudar a dinamizar a actividade comercial. Tamén se destacou o incremento da inversión en alumeado de Nadal en máis de 30.000 euros que se traducen en novos elementos como unha bola xigante no Malecón, gobos nas fachadas do mercado e do museo, teitos luminosos na contorna peonil de Rosalía de Castro e rúa Galicia ou árbores de Nadal en tódalas parroquias.

Tampouco faltarán o tren do expreso de Oriente, os inchables, as actividades de ‘Enreda no Nadal’ da carpa de usos múltiples, o Nadal Pelegrín, os espectáculos infantís, a festa de Noitevella, as charangas e concertos nas rúas, os bailes para os maiores, os concursos de escaparatismo e decoración hostaleira, ou a cabalgata na que un ano máis haberá un Bus Real percorrendo todo o municipio con Melchor, Gaspar e Baltasar a bordo.

Así mesmo, o tecido social celebrará diversos eventos coma os festivais organizados por Cáritas, Tahume, Alfaia, Bailadela ou Amas de Casa, ademais do tradicional concerto de confraternidade da coral do Círculo Mercantil e da coral municipal, na cal debuta como director Mateo Iglesias Seoane.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...