O espectáculo Carpe Diem, dirixido por Quico Cadaval, recala este venres 22 en Ribeira

22 Novembro 2019

A Mostra de Teatro de Ribeira depáranos hoxe (este venres 22), unha nova cita cos escenarios: a novena sesión dunha serie de 11 representacións a cargo doutras tantas prestixiosas compañías da nosa terra. Trátase de Carpe diem, de Producións Excéntricas, a agrupación na que milita (entre outros) o ribeirense Quico Cadaval.

Trátase, en palabras da produtora, dun “apaixonado thriller”, brasileiro, musical e cinematográfico, protagonizado por María Costas, Marcos Viéitez, Víctor Mosqueira e con música en directo de Mon Orencio (Mr. Cool). Na dirección, recalando esta noite na súa terra, o devandito Quico Cavadal. A representación comezará ás 21.30 horas no Auditorio.

Carpe Diem, unha adaptación dun texto do portugués Rubem Fonseca (que se representa por vez primeira en Galiza), cóntanos a historia dunha relación entre un home e unha muller que se coñecen nunha festa de fin de ano e que comezan unha historia xuntos malia estaren (os dous) casados. O seu relato compartido, “un drama escaldante”, desenvólvese entre “a fantasía e o cinema”, compartindo escenario co autor (que está no palco manipulando as súas criaturas “coma se fosen ratos de laboratorio”) e un músico que busca “ennobrecer aveludadas melodías o frívolo affaire”. Todo isto, a risco de facer un algo de spoiler, irá desenvolvéndose e anobelándose até desembocar nun crime. Quen queira ver máis detalles sobre a obra ou volver recibir unha nova dose de spoiler sinalarlle que no YouTube hai un tráiler sobre Carpe Diem.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.