O BNG fai un chamamento en Palmeira ao votar contra o medre do fascismo

06 Novembro 2019
María Xosé Bravo e Xosé Antón Vázquez Covas

O Bloque Nacionalista Galego vén de pedir dende Palmeira, nun mitin no que participaron María Xosé Bravo, histórica do partido galeguista, e Xosé Antón Vázquez Covas, líder da agrupación en Ribeira, pechar filas arredor do Bloque e loitar deste xeito contra o voto fascista, “porque estamos a disputar un escano directamente con Vox”.

María Xosé Bravo, candidata número 2 ao Congreso, fixo un chamamento á mobilización de “todas as persoas que queren converter o 10N na oportunidade de que Galiza recupere a súa voz propia no Congreso da man do BNG” e poñer fin, engadiu, “á discriminación das forzas estatais”.

Asemade, aproveitou para pedir o voto “das persoas defraudadas con PSOE e Podemos, afirmando que o partido que representa é “garantía para a nosa terra e para a defensa dos dereitos”. Segundo engadiu, moitas persoas que apostaron polo PSOE ou por Podemos o 28A están hoxe en día “decepcionadas e cabreadas pola frivolidade coa que actuaron até volver a levarnos ás urnas”, salientou, poñendo o foco na necesidade de reorientar o voto: “A toda esa xente progresista e de esquerdas indecisa, que pensa na abstención pídolle que mude o seu lóxico cabreo a aposte por algo diferente: votar BNG, porque somos garantía na defensa de Galiza e tamén na defensa dos dereitos e liberdades, porque nós non fixemos parte do problema e si facemos parte a solución”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...