O BNG demanda mellorar o alumeado na rúa de Lugo

27 Novembro 2019

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira vén de rexistrar unha petición, a través do seu voceiro, Xosé Vázquez Cobas, na que solicitan a mellora da iluminación da rúa de Lugo, que é a que comprende entre a praza do Concello e a rúa Cristóbal Colón, xa no barrio do Monumento. A orixe desta petición está nas demandas dos comerciantes da contorna, que lle trasladaron a Vázquez Cobas a necesidade de optimizar o alumeado da vía, xa que, cando escurece, non presenta boa visibilidade. Ante esta situación, Vázquez insta ao Goberno local a s”olucionar as carencias que ten a iluminación en moitos puntos do municipio, e concretamente esixe unha rápida solucións para o mencionado caso”.

O BNG lembra que a rúa de Lugo, recentemente humanizada, “non conta con ningún farol en toda a marxe esquerda en dirección ascendente polo que hai certa sensación de inseguridade” e, segundo o nacionalista “isto favorece o traballo dos ladróns que tanta actividade están tendo nas últimas semanas”. Para o BNG a mellora da iluminación “tamén redundará na mellora da seguridade para a veciñanza e para os locais comerciais, polo que debe ser tomado como un tema prioritario”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...