O BNG de Ribeira pide reestruturar o tráfico do Monumento para mellorar a fluidez

20 Novembro 2019

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira vén de presentar unha petición para lograr que os procesos de peonalización que se están a levar a cabo na cidade de Ribeira se vexan acompañados de medidas que garantan o acceso e a fluidez do tráfico no barrio do Monumento, que ficou en parte illado do porto e do centro da localidade ao ser peonalizados os accesos por Cristóbal Colón, Rosalía de Castro ou Rosalía de Castro.

En consecuencia, a veciñanza tivo que buscar alternativas que, segundo indica o BNG, non resultan ser polo de agora as máis axeitadas. Isto, sinala a agrupación, non acontece cos residentes noutras contornas que tamén tiñan que circular polas ditas rúas para chegar ás súas vivendas: os problemas concéntranse especialmente para a xente que vive no Monumento e as rúas adxacentes, unha zona de importantes desniveis ao que se lle suma o feito de contar con vieiros de dirección dobre e zonas habilitadas para o estacionamento. “Isto”, sinala o BNG, “non tería máis importancia de teren as rúas o ancho debido, cousa que non pasa por unha mala planificación”.

Xosé Vázquez e Luís Pérez

Segundo informa o concelleiro Luís Pérez Barral, o problema que se está a dar nas rúas que teñen os dous sentidos da circulación, é que os vehículos non poden transitar sen deterse, posto que teñen que deixar pasar a outros vehículos ante a falta de espazo. Pérez Barral di que “hai que ter en consideración que na actualidade o barrio do Monumento absorbe unha densidade de tráfico maior, pois é unha das zonas de entrada ou saída do centro urbano”.

Desde o BNG consideran que o Concello de Ribeira “debería realizar un estudo para reorganizar o tráfico rodado alomenos para as rúas Monumento, Novoa Santos e Romero Ortiz”, mais Pérez Barral lamenta “a total inacción do Partido Popular” o que provoca un “auténtico caos circulatorio” e provoca moito malestar social.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.