O BNG da Pobra levara a pleno unha moción para solucionar a situación actual da Policía Local

20 Novembro 2019
O BNG da Pobra nunha rolda de prensa en setembro

O grupo municipal do BNG pobrense levará a sesión plenaria unha moción relativa á situación da Policía Local.

Na súa exposición, a formación nacionalista manifesta que pasaron varios meses desde que o xefe da Policía Local se xubilou e o posto foi ocupado por outro axente interino “por nomeamento directo da Alcaldía.” O Bloque considera que xa transcorreu un tempo “máis que prudencial, xa se está rozando o máximo permitido” para que a situación de interinidade sexa superada, procedendo ao inicio dun proceso para cubrir esa praza “da maneira que marca a lexislación pertinente, isto é, mediante unha convocatoria pública conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade.”

Así mesmo, a forza nacionalista expresa que foi coñecedora de falta de medios materiais cos que os axentes están a desenvolver moitas das súas funcións, así como a “non reposición adecuada de elementos necesarios para o seu traballo.”

Por todo isto, o grupo municipal do BNG solicita que o goberno municipal desenvolva, na maior brevidade posible e de acordo á lexislación pertinente, a posta en marcha dunha convocatoria pública para cubrir a praza de Xefatura da Policía Local “conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade”; ademais de que se efectúe a dotación dos medios materiais necesarios “para o correcto desenvolvemento das súas funcións, así como repoñerá os xa obsoletos ou deteriorados.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...