Novo número da nosa edición impresa, a número seis. Cunha tirada de 7.000 exemplares “O Barbanza” inclue unha ampla reportaxe sobre como vai afectar á nosa costa o cambio climático. Falamos co profesor de xeografía física da USC Alberto Martí e complemtamos a información con mapas realizados por Climatecentral.org. Tamén facemos un resumo de como quedaron os resultados electorias das xerais na comarca, falamos de historia cos 90 anos do “Colexio A Milagrosa” de Oleiros e facemos un resumo sobre o xuizo de Diana Quer. Reportaxes de como van as diversas infraestructuras da bisbarra e a primeira parte sobre onde facer observación de aves en Arousa Norte, completan este sexto número de O Barbanza. Grazas polo voso apoio e difusión e vémonos a diario en “obarbanza.gal”.
O Concello de Boiro e a Fundación Alcalde Varela achegan á cidadanía a historia da danza
O Pazo de Goiáns (Boiro) acolleu este sábado 19 de setembro o encontro Que é o ballet? Orixe e historia, da man de Roger Salas, escritor, crítico e historiador da danza, no marco da IV edición do Mes da Danza de Boiro. A iniciativa, promovida polo Concello de Boiro e...



