Mileth, a banda de metal galaico da Mariña lucense, obtivo en Boiro o primeiro Premio Narf

25 Novembro 2019

Finalmente deuse a coñecer esta finde a identidade da banda gañadora da edición undécima do Premio Narf da Deputación da Coruña, que celebrou a súa gran gala final no mellor dos espazos posíbeis: sala boirense A Pousada da Galicia Imaxinaria, que rexenta Suso Santamaría e que ostenta no seu nome unha homenaxe a Narf, precisamente (o músico de Silleda Fran Pérez falecido en 2016 logo de ter publicado un disco, o seu disco de despedida, chamado Baladas da Galiza Imaxinaria). Pois ben, a banda gañadora foi Mileth. O segundo premio foi para Costa Escura e o terceiro para Adhara&Ritman. Rabuda e Rebezo foron os outros dous grupos que chegaron ao final do certame.

A gala, que se celebrou na noite do venres ao sábado con actuacións ao vivo dos cinco ditos grupos, foi como dixemos o remate da décimo primeira edición do concurso para grupos e artistas musicais da Deputación da Coruña.

O xurado composto polos músicos Xurxo Souto, Marcos Payno e Su Garrido Pombo (gañadora da edición anterior) e a xefa de Servizo de Cultura da entidade provincial, Mercedes Fernández-Albalat como secretaria e o deputado de Cultura, Xurxo Couto, como presidente, destacou de Mileth “a súa forte aposta escénica ademais da instrumentalización, a singular fusión entre tradición e metal e a súa innovación no panorama musical actual”.

Mileth xurdiu na Mariña luguesa no ano 2009 e practica o que definen como Metal Pagán Galaico, unha mestura de metal, folk e música tradicional galega. No 2019 lanzan primeiro disco, Catro pregarias no albor da Lúa Morta, para o que contaron con colaboración de SondeSeu, Quempallou ou Rodrigo Romaní. A banda está composta por Cristian Bolaño, Jorge Fernández, Dana Lago, Elías Lamoso, Marcos Rodríguez, Jacobo Mouriño, Xurxo Fernández, Jorge Vilar e Adrián Moa.

O segundo premio do concurso foi para a banda Costa Escura, a formación que experimenta nos terreos do krautrock mentres que a banda Adhara&Ritman fíxose co terceiro premio coa súa aposta polas raíces folk galegas en mestizaxe con outros estilos puros de raíz como o blues, reggae, swing.

O grupo de Vigo, Rabuda, a cabalo entre o rock intimista, a psicodelia e o new wave, quedou en cuarto lugar mentres Rebezo, o proxecto da comarca de Compostela, fíxose co quinto premio das bandas finalistas que pasaron a primeira selección dun xurado que valorou a calidade e a variedade de propostas dos cinco grupos presentados.

O primeiro clasificado recibirá 3.000 € o segundo 2.000 € e unha xira dos dous producida pola Deputación da Coruña, o terceiro gañador terá un premio de 1.500 mentres que o cuarto e quinto será de 1.000 €.

Outros artigos

A Audiencia da Coruña condena a un home por unha agresión en Boiro

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un home ao pagamento dunha multa de 720 euros por cometer un delito de lesións ao agredir a outro home en Boiro. Segundo os feitos recollidos na sentenza, o acusado increpou a unha camareira á saída dun bar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...